Departamento De Lingua Galega E Literatura IES FÉLIX .

2y ago
25 Views
3 Downloads
1.07 MB
124 Pages
Last View : 25d ago
Last Download : 1m ago
Upload by : Maxine Vice
Transcription

Departamento deLingua Galega e LiteraturaIES FÉLIX MURIEL – RIANXOPROGRAMACIÓN DIDÁCTICA2º ESO2017 - 2018

IES FÉLIX MURIEL (RIANXO)CURSO 2017-18ÍNDICE1. Introdución e Contextualización(páx.4)a. Introdución(páx. 4)i. Finalidade da ESOii. Obxectivos da etapa e de 2º ESOb. Contextualización(páx. 12)2. Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Concreción querecolla a relación dos estándares de aprendizaxe avaliables da materia queforman parte dos perfís competenciais.(páx. 13)a. Concreción que recolle a relación entre os Estándares de aprendizaxeavaliables e as Competencias Clave3. Concreción, de ser o caso, dos obxectivos para o curso.(páx. 28)4. Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable(páx. 30)a. Temporalización(páx. 57)i. Programa de Aula / 1º trimestre.ii. Programa de Aula / 2º trimestreiii. Programa de Aula / 3º trimestreb. Grao mínimo de consecución para superar a materia (TIL)(páx.71).c. Procedementos e instrumentos para avaliar os estándares(páx. 72).i. Cadros para a Avaliación de Coloquios e Debatesii. Rúbrica para a Avaliación de Exposicións Oraisiii. Rúbrica para a Avaliación de Traballos Escritosiv. Rúbrica para a Avaliación da Lectura na Aulav. Modelo de Exame ou Proba Escritavi. Criterios de Corrección para a Proba Escrita5. Concrecións metodolóxicas que require a materia.2(páx. 91)Departamento de Lingua Galega e Literatura / 2ºESO

IES FÉLIX MURIEL (RIANXO)CURSO 2017-186. Materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar.(páx. 93)7. Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado.(páx. 97)8. Indicadores de logro para avaliar a práctica docente.(páx. 100)9. Organización das actividades para as materias pendentes.(páx. 103)10. Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar oscoñecementos necesarios en determinadas materias, no caso do bacharelato.11. Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidanadoptar como consecuencia dos seus resultados.(páx. 106)a. Modelo de Avaliación Inicialb. Concreción dos estándares para a Avaliación Inicialc. Cadro para a Avaliación Iniciald. Medidas que se poidan adoptar como consecuencia dos resultados12. Medidas de atención á diversidade.(páx. 116)13. Concreción dos elementos transversais(páx. 117)14. Actividades complementarias e extraescolares.(páx. 120)a. Actividades Complementariasb. Actividades Extraescolares15. Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticasen relación cos resultados académicos e procesos de mellora.(páx. 122)16. Integrantes do Departamento, acordo e sinatura da Programación(páx. 125)ANEXOAcordos para o Tratamento Integrado de Linguas (TIL)3Departamento de Lingua Galega e Literatura / 2ºESO

IES FÉLIX MURIEL (RIANXO)CURSO 2017-181. INTRODUCIÓN eCONTEXTUALIZACIÓNA materia de Lingua Galega e Literatura na ESO ten como finalidadefundamental o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado. Oseu obxectivo primordial é garantir que, ao final desta etapa educativa, o alumnadosexa capaz de interaccionar adecuadamente nas situacións de comunicaciónfundamentais dos ámbitos escolar, social, cultural e profesional; que comprenda adiversidade de mensaxes orais e escritas con que se vai atopar ao longo da súa vidaadulta e que sexa quen de producilas coa debida corrección lingüística, concreatividade e adecuación ao contexto en que se realiza a comunicación.Segundo o Decreto 86/2015, polo que se establece o currículo da EducaciónSecundaria Obrigatoria e do Bacharelato: A lingua apréndese non para falar, ler ouescribir sobre a lingua, senón para falar, ler e escribir sobre emocións, afectos eaventuras, sobre o mundo, como medio das relacións interpersoais e recoñecementoda alteridade, motor do noso pensamento e das nosas reflexións, e porta de accesoao coñecemento. Neste marco, a formación lingüística no contexto escolar é uninstrumento para a equidade, xa que debe facilitar os medios necesarios paracomunicar no ámbito educativo e na vida profesional e social, nomeadamente encontextos formais e educativos, ademais de sensibilizar cara a usos creativos elúdicos das linguas, e achegar ao patrimonio literario e cultural que estas propician.A lingua é, en consecuencia, unha das ferramentas fundamentais que vaiutilizar o alumno/a:para relacionarse en sociedade e achegarse a outros pobos e culturaspara adquirir novos coñecementos e entender a realidadepara analizar criticamente a informaciónpara xerar e difundir ideas e opiniónspara expresar a súa afectividade e regular as súas emocións4Departamento de Lingua Galega e Literatura / 2ºESO

IES FÉLIX MURIEL (RIANXO)CURSO 2017-18Por todo isto a nosa materia organízase en cinco Bloques de Contidos quedeben atender á aprendizaxe instrumental da lingua, mais tamén ao seucoñecemento formal, así como á comprensión e valoración da realidade plurilingüeen que nos movemos e, finalmente, ao fomento da lectura, a través do estudo daLiteratura, como fonte de pracer e enriquecemento persoal.Seguindo o Decreto 86/2015, antes citado: A situación de sociedademultilingüe e plural na que vivimos demanda un enfoque metodolóxico de carácterplurilingüe e intercultural, cuxa finalidade sexa retirar as barreiras artificiais entre aslinguas, polo que este enfoque metodolóxico considera a aprendizaxe de todas aslinguas e culturas de xeito transversal e integrador no seu ensino e na súaaprendizaxe. É o que entendemos por Tratamento Integrado das Linguas (TIL). Nocontexto escolar, a aprendizaxe das linguas está dirixida ao logro de obxectivossimilares, aínda que con diferentes niveis de dominio e diferentes situacións departida para cada lingua. Non se pode esquecer a situación de minorización dalingua galega, que cómpre atender e dinamizar adecuadamente. Con esa finalidade,é preciso favorecer o uso e a aprendizaxe desta lingua de xeito que se impulse a súanormalización e se venzan as dificultades da súa menor presenza e repercusiónsocial, motivadas en moitos casos por prexuízos que é necesario desmontar esuperar. O alumnado galego debe rematar a súa escolarización co nivel de usuariocompetente nas dúas linguas oficiais, galego e castelán, o que implica a utilizaciónadecuada e eficaz das dúas linguas nun amplo repertorio de situaciónscomunicativas, propias de diferentes ámbitos, cun grao crecente de formalidade ecomplexidade.Non esquezamos que si ainda somos galegos é por obra e gracia do idioma, dicíaCastelao. A lingua é a creación colectiva máis importante do pobo galego. Por iso, a súanormalización e preservación, é unha responsabilidade común. Desde a escola pódese facermoito para conservar ese ben cultural pero non podemos esquecer que é a sociedade, noseu conxunto, a que decide sobre as linguas que quere usar. A normalización lingüística éun proxecto de gran complexidade que excede o ámbito docente e, por suposto, aresponsabilidade da materia de lingua galega e literatura; pero desde a nosa materia, comodocentes dunha lingua minorizada, temos a obriga de insistir no “por que” da situación socialda lingua propia de Galicia e non só no “como” funciona esa lingua.5Departamento de Lingua Galega e Literatura / 2ºESO

IES FÉLIX MURIEL (RIANXO)CURSO 2017-18Mediante o diálogo intercultural póñense en xogo dispositivos de relaciónsocial esenciais, como son:o recoñecemento do outro como lexítimo,o reforzamento da identidade propia no recoñecemento da identidade das demaispersoas,a aceptación da diversidade persoal, social e cultural,o respecto dos dereitos fundamentais.Partindo das aprendizaxes adquiridas a través de operacións e percepciónsconcretas na Educación Primaria, a ESO debe favorecer o desenvolvemento deoperacións formais, de razoamentos lóxicos e conceptuais, é dicir, debe favorecer ouso funcional da lingua como instrumento de comunicación; mais taméncomoinstrumento de representación, a través da conciencia crítica sobre a situación doidioma e a súa permanencia histórica; así como a conciencia da riqueza que supónser unha persoa plurilingüe para o desenvolvemento cognitivo e social, e o éxitoescolar. Agora ben, o fomento do uso (procedementos) e do aprecio (actitudes)deberá constatarse, obxectivamente, na práctica e nos coñecementos teóricos(conceptos) dos alumnos e alumnas. Se ben, a variedade de contidos que oalumnado debe adquirir non son máis que un instrumento ao servizo dodesenvolvemento das competencias clave e do logro dos obxectivos xerais da etapa.En consecuencia , a aprendizaxe de Lingua e Literatura Galegas na ESOestará orientada a un triple obxectivo:1) o progreso do alumnado no dominio das destrezas instrumentais ( escoitar, falar,ler e escribir) e dos coñecementos teóricos xa adquiridos na Educación Primaria;2) o coñecemento histórico e a comprensión crítica da evolución e da realidadeactual da lingua propia de Galicia, nun contexto multicultural e plurilingüe, postoque a identidade propia refórzase no recoñecemento da identidade das demaispersoas;3) o coñecemento6da LiteraturaGalega (etapas, autores e obras), comoDepartamento de Lingua Galega e Literatura / 2ºESO

IES FÉLIX MURIEL (RIANXO)CURSO 2017-18manifestación dunha cultura diferenciada e como referente para as súas propiasproducións.Aformación lingüísticaten un carácter continuo ao longo das diversasetapas educativas e non existen tanto diferenzas de contidos, como diferenzas naintensidade coa que se traballan eses contidos. Polo tanto, a secuenciación doscontidos non implica unha selección dos que se dan en cada curso, senónque pretende sinalar a atención e o grao maior ou menor de profundidade conque se han abordar. Do mesmo xeito os criterios de avaliación dos distintoscursos só se distinguirán na autonomía que os alumnos/as deberán demostrarna asimilación e uso práctico dos contidos, en función da súa madureza e deque se trate de avaliar a adquisición de novas habilidades ou a activación dasvellas.Tendo en conta o parágrafo anterior e seguindo a LOMCE, entendemos ostres primeiros cursos da ESO como un único ciclo, no que os obxectivos, oscontidos, os criterios de avaliación, os estándares de aprendizaxe e a metodoloxíaserán os mesmos, só se diferenciarán en cada curso, como acabamos de sinalar, nograo de profundidade con que sexan abordados. Isto implica unha estreitacolaboración entre os membros do Departamento para poder lograr unhacoordinación adecuada.Consideramos que a aprendizaxe da lingua oral e da lingua escrita débenserealizar conxuntamente, xa que se apoian mutuamente, e as deficiencias na primeira(mala entoación, pobreza léxica, incoherencia,.) aparecen reflectidas na segunda(faltas de ortografía, falta de recursos para expresar o que se sabe, problemas deconstrución sintáctica e redacción.). Por isto, o traballo basearase na comprensióne expresión-produción de textos orais e escritos, ou o que é o mesmo, priorizaremosa realización de actividades comunicativas de produción e comprensión de textosorais e escritos, seguindo o Decreto 85/2015, xa citado.Todas as materias do currículo de ESO precisan da linguaxe, tanto paraseren transmitidas como para seren adquiridas. En consecuencia, desenvolver ianondebeserresponsabilidade exclusiva do profesorado de Lingua Galega e Literatura, senón7Departamento de Lingua Galega e Literatura / 2ºESO

IES FÉLIX MURIEL (RIANXO)preocupación compartida porCURSO 2017-18todo o equipo educativo. De aí a necesidade detraballar mediante proxectos que impliquen varias disciplinas, especialmente épreciso asegurar a coordinación do profesorado que imparte as linguas no centro,buscando sempre o fomento do plurilingüismo propio da sociedade na que vivimos.Ou, como xa sinalamos máis arriba, seguindo as indicacións do Decreto 85/2015, asituación de sociedade multilingüe e plural na que vivimos solicita un enfoquemetodolóxico de carácter plurilingüe que potencie o desenvolvemento comunicativodo alumnado nas linguas que adquira ao longo da súa vida, con independencia dadiferenza de fins e niveis de dominio con que as utilice. E que os faga conscientesda riqueza que supón ser unha persoa plurilingüe para o desenvolvemento cognitivoe social, e o éxito escolar. Isto implica un tratamento integrado das linguas que oalumnado está a aprender nas aulas.Esta Introdución, así como a presente Programación Didáctica, ten comomarco legal de referencia o cap.III da LOE 2/2006, modificado pola LOMCE 8/2013;o Decreto 85/2015, polo que se establece o currículo da educación secundariaobrigatoria e do bacharelato; o cap.V da Resolución do 15 de xullo de 2016, daDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, polaque se ditan instrucións no curso académico 2016/17 para a implantación docurrículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentesda Comunidade Autónoma de Galicia; así como a Orde ECD/65/2015 por la que sedescriben las relaciones entre las competencias, los contenidos y los criterios deevaluación de la educación primaria, la educación secundaria obligatoria y elbachillerato.Desde este marco lexislativo queremos abordar, antes de dar remate a estaparte introdutoria, a finalidade e os obxectivos da Educación Secundaria Obrigatoria,tal e como aparecen recollidos no punto 2 do artigo 22 e no artigo 23 do cap.III daLOE 2/2006, así como no título I, capítulo I, artigos 8 e 9 do Decreto 85/2015. Finalidade da ESOA finalidade da ESO consiste en lograr que os alumnos/as adquiran oselementos básicos da cultura, especialmente nos seus aspectos humanístico,artístico, científico e tecnolóxico; desenvolver e consolidar neles hábitos de estudo e8Departamento de Lingua Galega e Literatura / 2ºESO

IES FÉLIX MURIEL (RIANXO)CURSO 2017-18de traballo; preparalos para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súainserción laboral e formalos para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vidacomo cidadáns e cidadás.A ESO organizarase de acordo cos principios de educación común e deatención á diversidade do alumnado (adaptacións de currículo, integración dematerias en ámbitos, agrupamentos flexíbeis, desdobramentos dos grupos, oferta dematerias optativas, programas de reforzo e programas de tratamento personalizado).Todas estas medidas estarán orientadas á consecución dos obxectivos daESO e á adquisición das competencias correspondentes por parte de todo oalumnado e non poderán supoñer unha discriminación que lles impida alcanzar osdevanditos obxectivos e a titulación correspondente. Obxectivos da etapa e de 2ºESOESO2ºESO1.Asumir responsabelmente os seusdeberes, coñecer e exercer os seusdereitos no respecto aos demais,practicar a tolerancia, acooperación e a solidariedade.,exercitarse no diálogo afianzandoos dereitos humanos e a igualdadede trato e de oportunidades entremulleres e homes, como valorescomúns dunha sociedade plural eprepararse para o exercicio dacidadanía democrática.Asumir responsabelmente os seusdeberes, practicar a tolerancia, acooperación e a solidariedade.,exercitarse no diálogo afianzando osdereitos humanos e a igualdade detrato e de oportunidades entremulleres e homes, como valorescomúns dunha sociedade plural.2.Desenvolver e consolidar hábitos dedisciplina, estudo e traballoindividual e en equipo.Desenvolver hábitos de disciplina,estudo e traballo individual e enequipo.3.Valorar e respectar a diferenza desexos e a igualdade de dereitos eoportunidades entre eles. Rexeitara discriminación das persoas porrazón de sexo ou por calqueraRexeitar a discriminación daspersoas por razón de sexo ou porcalquera outra condición oucircunstancia persoal ou social.Rexeitar os estereotipos que9Departamento de Lingua Galega e Literatura / 2ºESO

IES FÉLIX MURIEL (RIANXO)outra condición ou circunstanciapersoal ou social. Rexeitar osestereotipos que supoñandiscriminación entre homes emulleres, así como calqueramanifestación de violencia contra amuller.CURSO 2017-18supoñan discriminación entre homese mulleres, así como calqueramanifestación de violencia contra amuller.4.Fortalecer as súas capacidadesafectivas en todos os ámbitos dapersonalidade e nas súas relaciónscos demais, así como rexeitar aviolencia, os prexuízos de calqueratipo, os comportamentos sexistas eresolver pacificamente os conflitos.Fortalecer as súas capacidadesafectivas, así como rexeitar aviolencia, os prexuízos de calqueratipo, os comportamentos sexistas eresolver pacificamente os conflitos.5.Desenvolver destrezas básicas nautilización das fontes deinformación para, con sentidocrítico, adquirir unha preparaciónbásica no campo das tecnoloxías,especialmente as da información ea comunicación.Desenvolver destrezas básicas nautilización das fontes de informaciónpara adquirir unha preparaciónbásica no campo das tecnoloxías ainformación e da comunicación.6.Concibir o coñecemento científicocomo un saber integrado, que seestrutura en matérias.Comprender o coñecementocientífico7.Desenvolver o espírito emprendedor ea confianza en si mesmo, aparticipación, o sentido crítico, ainiciativa persoal e a capacidadepara aprender a aprender,planificar, tomar decisións e asumirresponsabilidades.Desenvolver a confianza en simesmo, a participación, o sentidocrítico, a iniciativa persoal e acapacidade para aprender aaprender, tomar decisións e asumirresponsabilidades.8.Comprender e expresar concorrección, oralmente e por escrito,na lingua galega e na linguacastelá, textos e mensaxescomplexas, e iniciarse nocoñecemento, a lectura e o estudoda Literatura.Comprender e expresar dun xeitoadecuado para o seu niveleducativo, oralmente e por escrito,na lingua galega, textos e mensaxesde distintos tipos, e iniciarse nocoñecemento, a lectura e o estudoda Literatura.10Departamento de Lingua Galega e Literatura / 2ºESO

IES FÉLIX MURIEL (RIANXO)CURSO 2017-189.Comprender e expresarse nunha ouen máis linguas estranxeiras demaneira apropiada.10.Coñecer, valorar e respectar osaspectos básicos da cultura e ahistoria propias e dos demais, asícomo o patrimonio artístico ecultural. Coñecer mulleres e homesque realizaran achegas importantesá cultura e á sociedade galega, oua outras culturas do mundo.Coñecer e respectar os aspectosbásicos da cultura e a historiapropias e dos demais, así como opatrimonio artístico e cultural.Coñecer mulleres e homes querealizaran achegas importantes ácultura e á sociedade galega, ou aoutras culturas do mundo.11.Apreciar a creación artística ecomprender a linguaxe dasdistintas manifestacións artísticas,utilizando diversos medios deexpresión e representación.Empezar a comprender a linguaxedas distintas manifestaciónsartísticas.12.Coñecer e aceptar o funcionamento dopropio corpo e o dos outros,respectar as diferenzas, afianzar oshábitos de coidado e saúdecorporais e incorporar a educaciónfísica e a práctica do deporte parafavorecer o desenvolvementopersoal e social. Coñecer e valorara dimensión humana dasexualidade en toda a súadiversidade. Valorar criticamente oshábitos sociais relacionados coasaúde, co consumo, co coidadodos seres vivos e o ambiente,contribuíndo á súa conservación emellora.Coñecer e aceptar o funcionamentodo propio corpo e o dos outros,respectar as diferenzas, desenvolverhábitos de coidado e saúdecorporais e incorporar a educaciónfísica e a práctica do deporte parafavorecer o desenvolvementopersoal e social. Iniciarse nocoñecemento da dimensión humanada sexualidade e a súa diversidade.Apreciar os hábitos sociaisrelacionados coa saúde, co coidadodos seres vivos e o ambiente,contribuíndo á súa conservación emellora.13.Coñecer e valorar os aspectos básicosdo patrimonio lingüístico, cultural,histórico e artístico de Galicia,participar na súa conservación e nasúa mellora, e respectar adiversidade lingüística e culturalcomo dereito dos pobos e daspersoas, desenvolvendo actitudesCoñecer e valorar os aspectosbásicos do patrimonio lingüístico,cultural, histórico e artístico deGalicia, participar na súaconservación e respectar adiversidade lingüística e culturalcomo dereito dos pobos e daspersoas, des

2 Departamento de Lingua Galega e Literatura / 2ºESO ÍNDICE 1. Introdución e Contextualización (páx.4) a. Introdución (páx. 4) i. Finalidade da ESO ii. Obxectivos da etapa e de 2º ESO b. Contextualización (páx. 12) 2. Contribución

Related Documents:

1. avaliaciÓn na eso. 2. obxectivos da Área e etapa 3. primeiro curso eso 4. segundo curso eso 5. terceiro curso eso 6. cuarto curso eso 7. lecturas na eso 8. lingua galega e literatura bacharelato 9. lingua galega e literatura 1º bac. 10. lingua galega e literatura 2º bac. 11. avaliac

specializzazione in didattica della lingua italiana a stranieri e Corsi di lingua e cultura italiana per stranieri . della cooperazione internazionale, nella gestione del contatto . L-LIN/07 – Lingua e traduzione – lingua spagnola L-LIN/12 – Lingua e traduzione – lingua inglese L-LIN/14 – Lingua e traduzione – lingua tedesca

Un secondo esame nella lingua scelta: B030784 Didattica della lingua russa 6 L-LIN/21 B029981 Lingua francese 2 6 L-LIN/04 B029982 Lingua inglese 2 6 L-LIN/12 B029985 Lingua portoghese e brasiliana 2 6 L-LIN/09 B029984 Lingua spagnola 2 6 L-LIN/07 B029986 Lingua tedesca 2 6 L-LIN/14

Alemán Beste Freunde A1.2 Manuela Georgiakaki HUEBER VERLAG 978-3-19-501051-1 Alemán 2014 2º ESO Lingua e Literatura Galega Lingua Galega e Literatura 2º ESO. Celia Díaz Núñez e Merced

ESO LINGUA GALEGA E LITERATURA 8. PROXECTO DIXITAL COLECCIÓNS DIDÁCTICAS Libro dixital Reproduce cada unha das páxinas do libro do alumnado enri-quecéndoas cunha gran variedade de recursos; incorpora, ade-mais, os recursos pro

Diritto privato europeo IUS/14 B 6 Insegnamenti opzionali gruppo 2 B 6 Scelta libera* D 12 Idoneità informatica INF/01 F 3 Tirocinio (Stage) o Laboratorio o Idoneità linguistica (II lingua scelta tra: Idoneità lingua francese, Idoneità lingua spagnola, Idoneità lingua tedesca, II Idoneità lingua

da) 114 páli, v. “língua páli” Gr.Dic - 7 SUMÁRIO ABREVIATURAS USADAS NESTA OBRA 11 BIBLIOGRAFIA 13 FUNDAMENTOS DA GRAMÁTICA PÁLI 15 I - Introdução: A Língua Páli e a Literatura Canônica 17 1. A origem da língua páli 17 2. Caracterísitacas da língua páli 18 3. Estágios históricos da língua páli 20 4. A literatura páli 20

Abrasive water jet machining experiments conducted on carbon fibre composites. This work reported that standoff distance was the significant parameter which - reduced the surface roughness and the minimum of 1.53 µm surface roughness was obtained [31]. Garnet abrasive particles was used for machining prepreg laminates reinforced with carbon fiber using the epoxy polymer resin matrix (120 .